martes, 12 de abril de 2011

¿Pirataria?

Este artigo de Juan Gómez Jurado e este outro de Juan Varela tratan os principais temas da pirataría, as descargas ilegais, os dereitos de autor, o streaming, e o hiperconsumismo.

Juan Varela explica este hiperconsumismo que se está evitando coa tecnoloxía dixital con exemplos. Con esta tecnoloxía  evitamos comprar películas, libros, ou música, donde en realidade parte do paquete non interesa, nós en realidade non queremos mercar a caixa da película, senón o que esta contén. Todo isto, en parte gracias ao iTunes, o Amazon e o eBay.

Juan Gómez Jurado explica, primeiro, que a Ley Sinde non ten ningún sentido, sobre todo porque se vai a aprobar en contra de millóns de cuidadáns, e ademáis as queixas dos autores son absurdas: un non ten dereito a vivir da súa obra, ten dereito a intentalo.

As industrias acusan ás páxinas de descarga de “forrarse”, cando calqueira pode facer unha páxina destas, e tentar facelo mesmo.

Moitos autores quéixanse ao goberno de deixar avanzar esta comodidade por parte da poboación, cando eles nin sequera viven en España para non ter que pagar impostos aquí.

En Estados Unidos apareceron servizos como iTunes, Kindle e Netflix, e tiveron un éxito abrumador, a pesar de que non son gratis. Polo tanto, vése que a xente está disposta a pagar, sempre que sexa un precio razoable, por melloras ou maior comodidade.

Temos que ter presente que copiar non é robar, pero tamén temos que poñernos no sitio do outro, saber que detrás de cada obra hay autores que invertiron o seu tempo na obra, asi que, mentres que a nosa economía nolo permita, deberíamos mercar a obra orixinal se a nosa economía nolo permite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario