sábado, 18 de junio de 2011

Modelos de negocio libre-tradicional

Antigamente, e non tan antigamente, utilizábase un modelo de negocio tradicional, no que se intentaba vender un producto, ou un servicio, e dábase a coñecer a través do marketing, ou da publicidade.

En canto ás obras, música, películas, etc... a súa venta foi restrinxida polos dereitos de autor. Estes dereitos, inicialmente permitían o beneficio do autor a costa da súa obra durante certo tempo, o que está ben, pero actualmente o copyright, ademáis do beneficio do autor por cada venta da obra, inclúe o beneficio pola sua utilización, modificación, e inclusto citación, durante anos. Algúns autores reclaman que este copyright quede vixente despois da súa morte, para que os seus descendentes se poidan beneficiar tamén... a onde vamos ir parar?

Actualmente o marketing, e a publicidade cambiou considerablemente, cos métodos de negocio libre, como por exemplo a televisión, ou a radio, que ofrecen un servicio de balde, a cambio de que vexas (ou escoites) a publicidade que inclúe. Deste xeito estás pagando, ainda que non sexa directamente.

Outros metodos de negocio libre son: a venda de productos tirados de prezo, que posteriormente sairán máis caros, como por exemplo unha impresora, que a compras barata, pero máis tarde terás que mercar uns cartuchos de tinta cos que pagarás esa baixada de prezo da impresora; e os modelos freepremium, que se basean en ofrecer un servicio de balde, pero moi limitado, co que convencen á xente da calidade do servicio, e crean a necesidade de pagar un plus, e facerse premium, co que poderán disfrutar de un servicio ilimitado, como por exemplo seriesyonkis, Megavideo...

Loita pola rede e pola información "privada"




Neste video, se relata a historia de internet, e das empresas que o fan posible como google, microsoft, amazon... con a curiosidade de que esta historia chega ata 2015. O autor deste video pode imaxinarse o futuro destas empresas, e de internet en xeral. Queda claro como microsoft, e sobre todo google foron monopolizando a rede, estas empresas fortes foron mercando as outras máis debiles, cando vían que tiñan unha boa idea, que lles compensaría.

Este video di que sobre 2015 google terá toda a información que necesita sobre cada persoa, grazas a redes sociais, e a EPIC, será un programa que utilizarán para saber o lugar de residencia de todas as persoas e os seus datos, e poderá utlilizar esta información para enviarlle a cada un a publicidade que realmente lle interesa. Esta información incluso a poderá vender a outras empresas que a poidan aproveitar.

Realmente gustaríame saber en que data se editou este video, xa que vese que acertou en case todo, pero o certo é que se lle adiantaron, esta venta de información sobre persoas, ou utilización dela, xa se fai actualmente.

Esta loita entre Google e Microsoft seguirá vixente, a menos que unan, ou google merque Microsoft (non creo que Microsoft poida comprar Google, xa que actualmente sácalle unha boa vantaxe). Sinceiramente espero que isto non ocorra, xa que entón unha soa empresa, falando un pouco en xeral, tendría un control total sobre a rede. Digo falando un pouco en xeral, porque hay unhas cantas empresas importantes, que están á altura, como pode ser IBM, Facebook, e sobre todo Apple, que en maio de 2011 superou a Google en valoración dos consumidores:

Libro electrónico ou libro de papel?

O libro electrónico, tamén coñecido como eBook ou libro dixital é unha versión electrónica dun libro. Este termo tamén se utiliza para nombrar o lector de libros electrónicos, ou e-reader.

A ulilización de eBooks ten vantaxes como que podes leer calquer documento en calquer lugar, e podes descargar libros enteiros, revistas, ou diarios, xa que moitos teñen conexión a internet.

Frente ao libro tradicional, o eBook presenta tanto vantaxes como desvantaxes:

Entre as vantaxes destacan: menor gasto de tinta e de papel, que disminuirá a presión á que estan sometidos os bosques; maior comodidade á hora de ler e de transportalo; a posibilidade de insertar enlaces multimedia no texto, que o enriquecerá podendo explicar palabras, ou frases, sen a necesidade de explicar todas na parte inferior da páxina; e por último, ante a preocupación polo cansancio que poden provocar na vista, os libros electrónicos teñen unha tecnoloxía que permite ler moitas horas seguidas sen sufrir este cansancio, e ademáis a duración da sua batería pode chegar ata dous ou tres semanas.

Algunas das desvantaxes son: que a madeira para facer papel procedente de bosques, é un recurso renovable, productor de carbono e recliclable; estes libros electrónicos, que son agora novos, cando sexan vellos e haxa outros mellores serán basura, que rematen nun vertedoiro producindo emisións dañinas para o medio ambiente; e perda de control comercial da obra, xa que será facil piratealas e copialas.

Este debate entre libros de papel e libros electrónicos xa é un debate dentro do panorama cultural e nos medios de comunicación. Personalmente, eu creo que o error dos libros dixitais foi tentar sustituír aos libros tradicionais, en vez de complementalos ofrecendo algo mellor, grazas á tecnoloxía.

miércoles, 8 de junio de 2011

Memes (EDITADO)

Neste artículo Susan Blackmore nos intenta explicar detídamente o significado dos memes.
Para isto ten a necesidade de alcararnos o significado dos xenes, e do ADN, para que poidamos entender como se propagan, e como evolucionan.


Estes xenes se pasan de xeración en xeración, por motivo da selección natural, feito que explica e defende o Darwinismo. Esta selección natural afirma que os individuos que desarrollan xenes útiles para o seu organismo, poden sobrevivir na loita pola supervivencia, e os seus xenes "utiles" serán transmitidos aos seus descendentes, hereditariamente. 

Os memes, en cambio, se transmiten por imitación, entre individuos cercanos que manteñen relacción entre si, e poden definirse como as propias ideas, en xeral, as ideas e o xeito de pensar de cada individuo está definido mediante memes.


Se esta teoria é certa, a autora afirma que vivimos nun soño, nun soño de memes no que dun dia para outro podemos despertar, e entender de repente todo o que nos rodea, entendendo que o noso xeito de pensar e de actuar non é de nacemento, senón que depende das nosas compañias, porque os memes son transmitidos por imitación.








Este video é unha queixa contra a sociedade consumista, que segue e merca todo o que se anuncia. A persoa sen máscara, dase conta do que pasa en realidade, e non entende por que os seus amigos son como robots que só collen as cousas que o payaso lles deixa no chan. Cando a unha delas se lle quita un pouco a máscara, se sorprende do que está pasando, e para de mercar cousas, pero asi como se dan conta volven a poñerlle ben a máscara, que ten unha televisión dentro, e segue como antes.

Cando estes xa non poden máis caen derrumbados, e son substituidos por outros iguais, mentres que o que quitou a máscara e entendeu todo, segue voando por ahi felizmente.

miércoles, 1 de junio de 2011

Doll Face





Despois de ver este video, enténdese que a televisión está influíndo á maquina todo o tempo, esta sinte a necesidade de cambiar a sua apariencia de acordo co que aparece na tele.


A medida que pasa o tempo, cambiar o seu aspecto imitando o que sae na televisión é cada vez máis dificil, e chega un momento que é incalcanzable, enton, a maquina “morre”, e con ela a televisión, porque en realidade somos nos os que facemos posible que a televisión, con estas publicidades consumistas existan.


Cando a maquina esta no chan, a súa televisión déixase de ver, pero nas demáis televisións o que se mira é como esta vai morrendo, entendo que é como unha noticia que vé o resto da poboación.

martes, 12 de abril de 2011

Licenzas, e Dereitos de Autor


Neste post vamos analizar as distintas alternativas que hai nos dereitos de autor, que á sua vez serían unha solución a algúns dos problemas que se plantexaron no anterir post, porque existen máis restricciones a parte do copyright, por non dicir menos, porque o copyright é a máxima restricción, prohíbe a copia, a modificación, a venta, e incluso a cita de dita obra.

O copyleft, en cambio, permite a copia, a modificación e a venta, tan só se conserva o recoñecemento do autor con respecto da obra, e “CopartirIgual” que quere dicir que as obras derivadas deven ter a mesma restricción que a obra orixinal.

As licenzas creative commons permiten o autor de cada obra poñer as restriccións que desexe, ainda que nunca tantas como no copyright. Estas son as restriccións:

Recoñecemento: Sempre é necesario recoñecer o autor da obra orixinal.
Compartir Igual: Cando a obra se modifica o autor ten que publicala coas mesmas restriccións.
Sin Obra Derivada: Non se pode modificar a obra.
No Comercial: A obra pódese copiar e modificar, pero non de xeito lucrativo.

Estas restriccións pódense mezclar ao gusto do autor, e deste xeito se poden poñer as restricción que cada un queira, e non sempre copyright ou copyleft.

¿Pirataria?

Este artigo de Juan Gómez Jurado e este outro de Juan Varela tratan os principais temas da pirataría, as descargas ilegais, os dereitos de autor, o streaming, e o hiperconsumismo.

Juan Varela explica este hiperconsumismo que se está evitando coa tecnoloxía dixital con exemplos. Con esta tecnoloxía  evitamos comprar películas, libros, ou música, donde en realidade parte do paquete non interesa, nós en realidade non queremos mercar a caixa da película, senón o que esta contén. Todo isto, en parte gracias ao iTunes, o Amazon e o eBay.

Juan Gómez Jurado explica, primeiro, que a Ley Sinde non ten ningún sentido, sobre todo porque se vai a aprobar en contra de millóns de cuidadáns, e ademáis as queixas dos autores son absurdas: un non ten dereito a vivir da súa obra, ten dereito a intentalo.

As industrias acusan ás páxinas de descarga de “forrarse”, cando calqueira pode facer unha páxina destas, e tentar facelo mesmo.

Moitos autores quéixanse ao goberno de deixar avanzar esta comodidade por parte da poboación, cando eles nin sequera viven en España para non ter que pagar impostos aquí.

En Estados Unidos apareceron servizos como iTunes, Kindle e Netflix, e tiveron un éxito abrumador, a pesar de que non son gratis. Polo tanto, vése que a xente está disposta a pagar, sempre que sexa un precio razoable, por melloras ou maior comodidade.

Temos que ter presente que copiar non é robar, pero tamén temos que poñernos no sitio do outro, saber que detrás de cada obra hay autores que invertiron o seu tempo na obra, asi que, mentres que a nosa economía nolo permita, deberíamos mercar a obra orixinal se a nosa economía nolo permite.