jueves, 27 de enero de 2011

O Lume

O lume for un gran descubrimento para os nosos antepasados, e para as futuras xeracións, está claro. Ao longo da historia foi utilizandose cada vez máis.

Este gran descubrimento dá luz para a caza nocturna, e asusta aos depredadores dando a seguridade que permite durmir profundamente, e isto, á sua vez favorece o incremento e liberdade dos soños.

O lume tamén serviu ao longo da historia para cociñar os alimentos. O feito de cociñar, e non ter que comer todo crú provoca, por unha parte unha dixestión máis lixeira, que favorece a capacidade de estar alerta e desperto despois de comer.

Por outra parte produce cambios na mandíbula e cambios na caixa craneal, estos cambios favorecen o crecemento do cerebro.

En conclusión, o lume non só foi un gran avance para os nosos antepasados, senón que foi un instrumento tan usado, que o seu uso provocou todo tipo de cambios na humanidade.

domingo, 23 de enero de 2011




En esta conferencia Rachel Botsman fálanos do intercambio de bens, como películas, libros, música, etc que xa non utilizamos. Así mesmo fálanos dun sistema co que podemos cambiar, por exemplo, unha pelicula que xa vimos, por outra que queremos ver.

Un dos exemplos de web dedicada a este fenomeno é Swaptree. Que completou con éxito un 99% das veces, e as veces que no foron exitosas foi porque o obxeto non era tal e como se describia, ou un retardo na entrega do producto.
Explícanos tamén que ao conxuntar todas as partes do mundo con simplemente uns cables, cambiamos prácticamente a forma de comunicarnos. Por exemplo, unha texedora anónima ten as mesmas posibilidades de venta de roupa como a de unha marca moi famosa.

Este consumo colaborativo, esta explicado por tres factores:
O primeiro, os mercados de redistribución, que se trata do xa citado antes, o intercambio de obxectos que non utilicemos.
O segundo, o estilo de vida colaborativo, é dicir, o intercambio de tempo, habilidades, etc.
O terceiro, o servicio de produto, no que se realiza o intercambio, ainda que non fisicamente.

Esta conferencia tamen deixa moi claro que a sociedade xa non é materialista como antes, e esta cambiando gracias a internet.
Por exemplo, cando se trata dunha película nós non queremos o obxecto en sí, senon o que este contén, non queremos o DVD nin a caixa, senón os datos que ten dentro, e unha vez que xa os vimos, case non nos sirven de nada.

O Home (EDITADO)