jueves, 31 de marzo de 2011

Pirataría

Hoxe lin este atigo de Tim O’ Reilly.

Non podo estar máis de acordo con esta persoa, creo que neste cometario expresa o que eu sempre quero expresar, con respecto ao copyright, a pirataría, etc, e utilizando moitos máis argumentos.

Tim O’ Reily comeza por decir que esta pirataría, se podería reducir dando opción a alternativas e prezos razoables.

Esta pirataría non está perxudiciando realmente aos pequenos autores, xa que estes poden darse a coñecer desta maneira, se houbera que pagar polos seus discos posiblemente ninguén se gastaría diñeiro para ver se lle gusta a súa música. Os que perden diñeiro con esto, son os grandes autores, e as industrias discográficas e cinematográficas, pero estos non me dan ningunha pena, calqueira destos autores pode sacar practicamente o que quiera facendo concertos. Desta maneira, os pequenos grupos tamén poden saír favorecidos, porque danse a coñecer por internet, e poden facer concertos dos que si sacarán diñeiro, e seguro que máis do que gañarían vendendo discos e facendo concertos antes de ser coñecidos.

Moitos poñen a pirataría como se fora un roubo nunha tenda, como se entraras un videoclub e roubaras unha película, e isto non é asi. Tim di que é peor o roubo na tenda, porque este elimina a película, e a visibilidade que esta representa (cando a roubas non se vai poder dar a coñecer, porque ninguén a poderá ver despois). É certo pero ademáis, se roubas unha película nun videoclub, o vendedor quédase sen película, ou con unha película menos. Isto seria o mesmo que descargalas, se o número de películas no videoclub fora infinito, e entón ao dependente non lle importaría que lle roubasen unha película, ou cincuenta, porque seguirá tendo as mesmas.

Por último, explica que a hoxe en dia todo o mundo podería conectarse gratis a internet usando un módem, pero mercamos un adsl e pagamos tanto diñeiro ao mes por ter internet máis rápido.

Isto demostra que todos pagamos por un servizo, sempre que teña un prezo razoable, y ofreza algún valor engadido ao servido gratuíto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario