miércoles, 23 de febrero de 2011

Re: "El botón mágico" (Javier Bardem) [EDITADO]

Fai dous meses Javier Bardem escribía este artículo.

Antes de nada quedo destacar que para nada estou a favor das páxinas de aloxamento web que cobran por ver películas ou descargar arquivos que subiron á rede totalmente gratis, e incluso moitas veces nin sequera os subiron eles mesmos.

Javier Bardem fala metafóricamente de internet, como se fora un boton máxico ao que lle da e pode conseguir todo o que queira, en vez de mercalo.


Ao utilizar este botón máxico, ou sexa, baixando de internet a música, as películas, etc, o que estamos facendo é arruinando aos autores, e as industrias discográficas, cinematográficas...

O que non me parece xusto de verdade é pagar 25€ por un CD de música, ou por unha película, e ademáis sabendo que a gran parte do diñeiro irá para a industria discográfica. Se os CDs foran máis baratos, non sei vos, pero eu non tería problema en mercarme un par deles, dos grupos que me gustan...

Ademáis disto, estanse queixando das descargas autores, ou cantantes que con un só concerto poderian sacar máis diñeiro que calquera de nos en un ano enteiro de traballo. Se queren máis diñeiro, pois que fagan xiras máis longas.

Javier Bardem pon a escusa dos grupos novos, que si non venden CDs non poden gañar diñeiro. Eu penso que os grupos novos se dan a coñecer grazas a poder baixar os seus discos gratis, porque...¿Ti mercarías un CD dun grupo que nin sequera coñeces para ver si te gusta?
E unha vez que son coñecidos, se fan un concerto está claro que vai a ir moita máis xente.

E o mesmo pasa coas películas, libros, etc... Os pequenos autores poden darse a coñecer, eso si, sin gañar apenas diñeiro, pero se houbera que pagar polos seus libros ou películas, eu creo que gañarían pouco diñeiro igualmente, e sen ter a oportunidade de darse a coñecer.

En resumo, a min non me remorde a conciencia cando baixo música, películas, ou libros de internet, pero tampoco estaria en contra de pagar tanto diñeiro ao mes para poder ver online as peliculas ou música que queiras, e que o diñeiro fora realmente para os autores, e non en tal cantidade para as editoriais e industrias.

1 comentario:

  1. Está bastante ben. Unhas cousas:
    a) O enlace... mellorable, pon un enlace no que apareza un texto no que pinchar, non a URL completa que complica a lectura.
    O segundo e terceiro parágrafo (desde Javier...) plantean a explicación do texto, pero explicas demasiado ao pé da letra, ou sexa, explicas demasiado a metáfora e pouco o que quere dicir. Deberías refundilo en algo como por exemplo: "Javier Bardem fala no artigo (enlace) de Internet metafóricamente como se fose un botón máxico que permite...." non escribas contando o dos tomates (que é unha anécdota) senón que xeneraliza.
    Nos seguintes parágrafos expós o teu punto de vista que parece ser: eu fágoo mal, sei que fago mal pero estaría disposto a facelo ben se fose máis barato. Tenta facelo comezando os parágrafos por suxeitos e conectandoos con conectores. Por exemplo, en lugar de comezar con "E o mesmo pasa coas... Os pequenos autores..." sería algo así. "Os pequenos autores poden darse a coñecer aínda que non se pague polas súas películas, libros,..."

    Tenta refacelo para levar máis nota.

    ResponderEliminar