lunes, 21 de febrero de 2011

Copyright

Neste artigo vouvos falar sobre o copyright e os dereitos de autor, incluíndo os problemas que este plantea, os cambios propostos na lei, e os cambios de modelo de negocio que propón o streaming.

O copyright, ou dereito de copia comezou a utilizarse nos séculos XVI e XVII, cando esta licencia só concedia dereito de copia de determinados textos a algúns libreiros para que así a monarquía absoluta tivera o control absoluto do que se imprimía e da información que chegaba aos cidadáns.

Ata mediados do século XIX, o copyright implicaba a protección contra a copia literal, pero a medida que pasou o tempo a lei foi alterada para restrinxir máis cousas, como por exemplo a traducción a outros idiomas, e máis tarde incluso a utilización dos mesmos personaxes para crear unha trama diferente.

Dende a masificación de internet na década de 1990, os principais perxudicados foron as editoriais, industrias discográficas, cinematográficas.. etc.
O novo modelo de negocio basado nos dereitos de autor que se propón é o streaming, que se trata de, por exemplo poder pagar por ver unha película online, e deste xeito non temos que mercar o DVD que contén a película, tan só pagar para ver o que este contén, porque é o que en realidade queremos ver. Co streaming se conseguiría que a maior parte do beneficio iria para os autores, e non para as discográficas ou cinematográficas

1 comentario:

  1. É un bo resumo.
    Nos artigos, tanto o político coma o escritor manteñen unha dialéctica da que deberías falar, por exemplo as obras derivadas e a asunción da cultura como parte do procomún ao derivar unhas das outras (anteriores).
    Deberías en fin, inspirarte neses artigos e nas solucións que propoñen para propoñer as túas.

    ResponderEliminar